-Agricultura: o cultivo máis común na parroquia de Zolle probablemente sexa simplemente herba, seguida por piñeiros, carballos e millo. Tamén hai outras plantacións con menos terreo como poden ser as patacas o trigo, o centeo ademais de outras hortalizas varias e algúns tipos máis de árbores: eucaliptos, chopos, bídalos e árbores froiteiras.
-Gandeiría: as vacas son totalmente predominantes na gandeiría, a única explotación de doutro animal é unha granxa de pavos. Polo demais só hai certos animais para consumo propio coma coellos, galiñas ou porcos.
-Flora: Zolle ten un clima típico de Galicia, polo que a vexetación é a propia deste. Sen contar as plantación as árbores máis abundantes son os abineiros, bídalos, salgueiros, sabugos, carballos e castiñeiros, ainda que a maioría destes últimos dous foron plantados. Tamén hai arbustos coma toxos, xestas, silvas, xuncos e uces.
-Fauna: Mamíferos non abundan. De gran tamaño hai algúns corzos e xabarís, e máis pequenos hai coellos, ratos, lirios e algunha marta. Aves si que hai en gran cantidade, especialmente paxaros (unhas 40 especies) que se poden ver aquí: aves en Galicia, outras aves semellantes a paxaros (pero non consideradas paseriformes) coma rulas, rulas turcas, pombos e petos, aves rapaces coma lagarteiros e especialmente miñatos e rara vez tamén se poden ves garzas, cegoñas e lavancos. De reptís seguramente haxa máis especies, pero estas son seguras: escancer, lagarto arnal, lagarto das silvas, lagarta galega, cobregóns e víboras. En canto a anfibios estas son as especies: salamántiga galega, píntega ou pinchorra, tritón ou pintafontes común, tritón ou pintafontes verde, ra patilonga, ra vermella, ra verde, sapo común e se acaso algunha outra especie de sapo. Practicamente non hai peixes. No pasado houbo moitas trotas e anguías pero no presente só quedan algunhas troitas.
Respecto aos invertebrados non hai nada destacable: moscas, avespas, abellas. tabáns, abellóns, avesouros, formigas (mínimo 4 especies) distintas arañas, etc.


No hay comentarios:
Publicar un comentario