A parroquia de Zolle conta cunha igrexa, no adro da cal hai un cruceiro e uns panteóns que conteñen os defuntos de toda a parroquia.
A igrexa é unha construción de pedra que probablemente sexa do século XVIII que ten unha sola nave, a zona para o pobo un chanzo máis baixa ca o presbiterio, unha sancristía colocada ao lado esquerdo deste e unha tribuna xa case inservible situada na parte de atrás da igrexa. Hai dous cruceiros, ambos de pedra. O máis antigo situado no adro da igrexa, e o outro feito no século pasado por un veciño e colocado no camiño hacia Zaide.


No hay comentarios:
Publicar un comentario